29/10/2017

Máis de tres puntos en Rivas

Máis de tres puntos en Rivas
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta mañá máis de tres puntos rompendo a imbatibilidade da fortaleza do Rivas Futsal (2-3), unha vitoria que lle outorga a segunda praza á escuadra mariñá a tan só 1 punto do Bisontes Castellón, no cume. Os de Juanma Marrube despregaron un xogo moi ordenado e con disciplina, conscientes da dificultade dun compromiso no que souberon neutralizar a rápida vantaxe dos locais.

Os de David Ramos tomaron a iniciativa no luminoso no minuto 5, con Samu estreando a cancha. Aos poucos o Pescados Rubén foi dando pasos cara adiante; subiu a presión na busca do empate. Os galegos lograron a súa recompensa cando restaban 6 minutos para a conclusión da primeira metade, con Pope, só ante o meta local ao cazar un rexeite. Hélder, a pase de Matamoros, adiantou os burelenses no minuto 16. Os de Juanma Marrube puideron ampliar a súa vantaxe desde o dobre penalti, con intervención de Mario Almagro ante Matamoros.

O 10 laranxa, tras un excelente control de Víctor, marcou no minuto 29 o 1-3 para Pescados Rubén Burela, tras culminar unha gran xogada colectiva; antes os de Juanma Marrube estiveran preto con varias transicións. Con case oito minutos para a bucina final, os galegos, cargados con 5 faltas, optaron por xogo de cinco; así conseguiron osíxeno na recta final. Pouco despois, o Rivas apostou pola mesma estratexia e axiña atopou o 2-3. O Pescados Rubén soubo manter a renda para non deixar escapar os tres puntos, alternando a defensa coa ofensiva de cinco.

Elche en venres

Os burelistas disputarán a oitava xornada o venres, 3 de novembro, recibindo o Elche en Vista Alegre a partir das 20.30 horas.

Ficha técnica

Rivas Futsal: Mario Almagro, Fran Conde, Jorge Lázaro, Pablo Mel, Blecua, cinco inicial; Chicho, Pablo Ibarra, Samu, Jorge, Gaby, Santiago

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Víctor, Chus, Renato, Luisma, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Pope, Matamoros, Kelson, Colacha

Goles: 1-0, minuto 5, Samu; 1-1, minuto 14, Pope; 1-2, minuto 16, Hélder; 1-3, minuto 29, Matamoros; 2-3, minuto 36, Pablo Mel

Árbitros: Carrillo Arroyo // Quintero Carrión. Por Rivas amarela para Samu,Santiago e Gaby. Por Burela amarela para Chus, Luisma, Kelson, Renato

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Segunda LNFS disputado no Parque Sureste

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.