24/11/2017

Vista Alegre a proba, con pugna de rivais directo no cume (17.30 horas, sábado 25)

Vista Alegre a proba, con pugna de rivais directo no cume (17.30 horas, sábado 25)
Vista Alegre poñerase a proba mañá, coa visita do Jimbee Roldán FSF nunha 11ª xornada con pugna de rivais directos no cume. As laranxas intentarán facer valer a fortaleza da Bomboneira para custodiar a segunda praza (25 puntos) fronte á terceira das murcianas (23 puntos), con horario novo (17.30 horas).

Despois do importantísimo punto recollido noutro duelo de iguais, a semana pasada no derbi galego ante Poio Pescamar FSF (2-2), para a brasileira Tai o Pescados Rubén Burela FS está no camiño adecuado para sumar outros tres puntos: “Espero un partido moi difícil, pero nós confiamos no noso traballo. Contra Poio demostramos forza e valentía e espero que iso nos sirva de revulsivo tamén ante Roldán. Temos que pensar en medrar máis como equipo, sen individualidades. Poio esixiunos máis do habitual e iso fíxonos reaccionar ben; así temos que seguir” explicaba a ala burelista.

Logo da súa fractura na man, a 16 mariñá volve gozar: “Estou ben, con boas sensacións, pero aos poucos. Foi unha lesión que me mantivo afastada varias semanas e despois, no regreso ao traballo, torcín o xeonllo. Para min é moi importante este partido porque fai moito que non xogo aquí, na casa, e xa tiña moitas ganas” explicaba Tai, que regresará ao seu país a próxima semana por uns días para solucionar temas burocráticos.

Sofía será dúbida ata última hora por un proceso vírico.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk

Convocatoria Jimbee Roldán FSF: 2. Inma Sojo, 4. Bet, 5. Mirian, 6. Consu, 7. Clara, 8. May Mateo, 9. Paula, 10. Ángela, 11. Marián, 12. Ana Etayo,13. Coke

Bocado Galipizza. Con cada consumición no bar de Vista Alegre, os afeccionados/as poderán degustar riquísimos bocados de Galipizza

Burela FS en Negro. Ambos os equipos sumaranse mañá á campaña promovida desde o Concello, co lema Burela en Negro, no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Sorteo dunha camiseta.

Durante o descanso o Pescados Rubén Burela FS sorteará entre os asistente unha camiseta asinada por todo o equipo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.