12/12/2017

Vés con nós a Ourense?

Vés con nós a Ourense?

Todos os afeccionados/as que queiran pechar 2017 con emoción de futsal, de derbi galego en Primeira RFEF o venres 22 de decembro, na pista do Ourense Envialia FSF, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.



O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por 14 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as.



As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10).




Horarios:
Saída: Venres 22 de decembro, Vista Alegre (cafetería), ás 17.30 horas
Destino: Os Remedios (Ourense)




Partido: Ourense Envialia-Pescados Rubén Burela FS (21.00 horas)
Regreso: Ao remate do encontro




Data límite para apuntarse: Xoves 21 de decembro, 19.00 horas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.