15/12/2017

Betis, último desprazamento de 2017

Betis, último desprazamento de 2017

O Pescados Rubén Burela FS xa está no seu último destino ligueiro de 2017, en Sevilla, para medirse mañá (19.00 horas, municipal de Amate) ao Real Betis Futsal, na penúltima xornada da primeira volta.



“Temos por diante o reto de gañar nunha cancha complicada ante un equipo con gran potencial. Betis é capaz do mellor; ten un cadro amplo, con xogadores de experiencia tanto na categoría coma en Primeira División” advertía o técnico, Juanma Marrube, do décimo clasificado, con boas palabras para os ex–laranxas Jorge Bellvert e Chano: “Son dous grandísimos xogadores. Jorge está lesionado, pero Chano estalle dando moito desafogo ao equipo, creo que é moi determinante no gol que ten o Betis”.



Dende a sexta praza, con 25 puntos, o conxunto laranxa mira cara arriba, co liderado custodiado por ElPozo Murcia (29 puntos) e con FS Valdepeñas no seu ronsel (27 puntos). “En liñas xerais o camiño do equipo está sendo o correcto. Quero volver ver a reacción de xogo da semana pasada ante Mengíbar na segunda parte, pero en canto á mentalidade temos que ser máis fortes e mellorar algunhas cousiñas”, puntualizaba o Mariskal.



A expedición viaxou onte, coa novidade do xuvenil Néstor Valle, Nito, por Pitero, por lesión no último adestramento en Burela. O cadro pechou a semana de adestramentos esta mañá en Amate.



Convocatoria PROVISIONAL Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 17. Nito, 20. Kelson



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.