11/01/2018

Guadalcacín, en Primeira RFEF, para abrir a Tarde 100% Laranxa (15.45 horas)

Guadalcacín, en Primeira RFEF, para abrir a Tarde 100% Laranxa (15.45 horas)

A visita do Guadalcacín FSF a Vista Alegre abrirá este sábado unha Tarde Laranxa, coa penúltima xornada de Primeira RFEF (15.45 horas). As pupilas de Julio Delgado e Lucas regresan á competición con máis ilusión e ganas de comer o mundo ca nunca: “Quedan unha recta final da primeira volta e unha segunda volta moi ilusionantes, logo de acabar 2017 cun excelente tramo inicial de tempada, loitando polos primeiros postos e sobre todo co bo sabor de boca da vitoria en Ourense. Creo que debemos poñernos unhas expectatitvas altas, reforzadas coa última fichaxe –a peche brasileira Camila Gadeia-, que nos proporciona máis compensación co obxectivo de seguir aí arriba e poder facernos con títulos este ano”, explicaba o técnico Julio Delgado.



Desde a terceira praza (31 puntos) e empatado coa segunda de UA Alicante, o cadro laranxa quere dar o primeiro paso cara á súa gran ilusión e meta este sábado, fronte ao décimo terceiro da táboa (11 puntos), sen un ápice de relaxación: “É un equipo novo, difícil, con xogadoras con táboas, que exerce boa presión en media pista. Aínda que non está sacando puntos é un rival que vende cara a súa derrota; hai que traballar moito para gañarlle”, advertía Julio Delgado facendo referencia a marcadores tan axustados como o de UCAM (3-2).



Todo son bos presaxios. “As xogadoras chegaron con moitas ganas e cun bo nivel físico, coidáronse durante as vacacións. Os adestramentos están indo ben. Hai que pensar que cumprimos co primeiro tramo, demostramos que podemos estar aí arriba e agora hai que prestar toda a atención para non ceder” puntualizaba o técnico mariñán.



Julio Delgado e Lucas dispoñerán de todos os seus efectivos, incluíndo á recentemente chegada, Cami, que defenderá o 8 laranxa. “As nosas primeiras sensacións son de xogadora feita, con boa visión de xogo, boa pasadora; é unha peche que ten moi bo trato de balón e poderá liberar desa tarefa a outras xogadoras que poderán mostrar máis a súa faceta ofensiva” indicaba o adestrador.



A última sesión da semana está prevista para mañá ás 11.30 horas, en Marzán.



Tarde Laranxa, con entrada gratuíta



Os afeccionados máis madrugadores, todos os que accedan a Vista Alegre para a cita de Primeira RFEF, ás 15.45 horas, poderán gozar a Tarde Laranxa gratuíta, co segundo acto entre Pescados Rubén Burela FS e Valdepeñas (18.15 horas, Segunda LNFS). “Creo que vai ser precioso. Poderase ver os dous equipos nunha mesma tarde, é algo do que non se pode gozar en calquera pista e máis deste nivel: un equipo feminino que está loitando por estar no máis alto e un masculino, cun rival directo, que se xoga tres puntos moi importantes que o manteñan arriba para xogar ese play off que tanto ansiamos todos” concluía así Julio Delgado invitando aos apaixonados polo fútbol sala á Tarde Laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.