17/02/2018

UCAM Murcia 1-4 Pescados Rubén

UCAM Murcia 1-4 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS recuperou esta tarde os tres puntos e as boas sensacións na pista do UCAM Murcia (1-4) nun encontro moi controlado e serio, con boa defensa e boas transicións. As laranxas impuxéronse con solvencia dándolle tranquilidade ao electrónico na segunda parte, tras o 0-1 ao descanso.

As de Julio Delgado e Lucas viviron os primeiros compases ante un UCAM tamén forte, cun par de man a man que Ana Romero resolveu perfectamente. A partir dese momento as galegas pelexaron por facerse donas do partido. Foi unha tarde de xogo de cinco para as burelistas, con Bea Mateos como baluarte saltando á cancha por primeira vez no minuto 9. O disparo de Cilene, no 10, avisou, pero pouco despois a 6 laranxa estivo máis afinada para abrir o electrónico. O cadro de Julio Delgado e Lucas regresou á pista con máis dominio. Tai, no minuto 25, ampliou a fenda dun potente disparo desde fóra da área. O UCAM conseguiu reducir distancias con finalización de Mari aproveitando a recuperación de balón tras unha excelente ocasión de Cilene sobre a rede local. Con todo, as galegas non estaban para ceder nin a máis mínima e segundos despois volveron ver portería, con Sara Correia. Cilene anotou o definitivo 1-4 na recta final desde campo laranxa fronte ao xogo de cinco de UCAM.

Ficha técnica

UCAM EP Murcia FSF: Cristina GC, Mari, Gloria, Cristina e Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Sara, Poveda, Toñi, Carla, Hinako e Weckerle.

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dani, Cilene, Cami,Lara, cinco inicial; tamén xogaron Sara Correia, Bea Mateos, Tai, Julia Forsiuk, Judith

Goles: 0-1, minuto 11, Cilene; 0-2, minuto 25, Tai; 1-2, minuto 31, Mari; 1-3, minuto 31, Sara Correia; 1-4, minuto 39, Cilene.

Árbitros: Ramón Martínez e González Blaya, do colexio murciano. Recibiron cartulina amarela Bea Mateos no Burela e Cristina na UCAM.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira RFEF disputado no pavillón José María Cagigal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.