01/03/2018

A Bomboneira, preparada ante o titánico Futsi

A Bomboneira, preparada ante o titánico Futsi

A Bomboneira, Burela e A Mariña esperan preparados o líder de Primeira RFEF, Futsi Atlético Féminas, no gran duelo da tempada previsto para este sábado ás 18.00 horas. As cámaras de TVG2 serán testemuñas do emocionante envite entre o cume madrileño (43 puntos) e a terceira praza do Pescados Rubén Burela FS (41 puntos), con tan só 2 puntos de distancia.



“Chegou o gran momento. Debemos ter máxima concentración para facer as cousas ben. Estamos tendo unha semana moi boa de traballo e chegamos con excelentes sensacións” confesaba a pichichi laranxa, Cilene, recoñecendo o ambiente especial que está vivindo o conxunto burelista antes dunha grande oportunidade, aínda que non definitiva.



“A nosa afección será unha xogadora máis. Sabemos que estará aí dándonos forza en todo momento. Futsi atopará un Burela moi forte, disposto a non deixar escapar os tres puntos” aseguraba a 6 laranxa, esperando un rival titánico que chega co triunfo ante Leganés (4-0) logo de dous tropezos, con Roldán (5-4) e Poio (2-3), que romperon a senda de 13 xornadas imbatidas: “É un equipo moi equilibrado e sólido, pero se quere gañar ao Burela terá que esforzarse, sen dúbida”.



O vestiario burelista pechará a semana mañá pola mañá con adestramento en Marzán.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Cris, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk



Rivais directos. Desde a terceira praza, Universidad de Alicante (42 puntos) visitará o quinto clasificado, Ciudad de Alcorcón (39 puntos). A Jimbee Roldán, cuarto, preséntaselle a cita máis accesible a priori, coa visita do penúltimo, Cidade das Burgas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.