08/03/2018

Os laranxas encoméndanse a Vista Alegre na recta final

Os laranxas encoméndanse a Vista Alegre na recta final
O Pescados Rubén Burela FS recibirá este sábado, na 24ª xornada de Segunda LNFS, o CD UMA Antequera (18.30, Vista Alegre). Tres dos sete partidos que quedan por diante serán en Vista Alegre; os laranxas encoméndanse ao seu mausoleo para romper a mala etapa das tres últimas xornadas e rexurdir na recta final para seguir soñando. “Cando Vista Alegre énchese e anima os 40 minutos o equipo vai en volandas; é unha marabilla xogar así e co seu apoio nós conseguiremos estar aí arriba” confesaba o capitán, Edu, antes do gran duelo entre a terceira praza dos andaluces (44 puntos) e a sexta dos mariñáns (39 puntos).

“Necesitamos recuperar sensacións, necesitamos esta vitoria diante da nosa xente. Sabemos que será moi complicado; ocupa a terceira praza, está nunha boa liña e na ida foron superiores (5-3), pero estou convencido que co apoio da bancada temos que conseguir os tres puntos si ou si”, incidía así no seu chamamento á Bancada Laranxa o porteiro naronés.

O Antequera chegará á Bomboneira con tres vitorias consecutivas, ante Tenerife, Puertollano e Manzanares, que o catapultaron ao podio nunha táboa moi apertada. Fronte aos malagueños, os burelistas viviron un desenlace totalmente oposto nestas semanas, algo insólito para eles esta tempada ata o momento e co que van romper este sábado: “Estamos traballando forte para contrarrestar as súas armas, pero tamén para volver á nosa filosofía; ata hai tan só tres semanas todo estaba de cara” explicaba o meta, analizando o rival: “A súa defensa en media pista é forte, saen moi rápido ao contraataque e teñen un pivote que fai bastante dano” advertía Edu, marcando a folla de ruta axeitada para os intereses mariñáns: “Temos que volver ao noso nivel defensivo habitual; baixamos un pouco neste aspecto e por iso encaixamos máis goles nas últimas semanas. Arriba necesitamos sorte porque estamos xerando ocasións aínda que parece que a pelota se resiste”.

A última sesión da semana está prevista para mañá, ás 10.45 horas, en Vista Alegre. No vestiario laranxa aínda non estarán dispoñibles nin Álex nin Pitero, por lesión.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.