26/03/2018

Presentada a Copa Galicia Feminina en Marín

Presentada a Copa Galicia Feminina en Marín
Fonte: www.futgal.es

Esta mañá celebrouse no Concello de Marín a presentación da fase final da XII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai disputarse na localidade pontevedresa na vindeira fin de semana. Ourense Envialia, Pescados Rubén Burela, Cidade das Burgas e Poio Pescamar son os catro equipos que participarán na competición.

No acto de presentación participaron a alcaldesa marinense, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Traba foi o encargado de abrir o acto cunhas palabras de benvida a todos os organizadores e participantes no torneo. A continuación, Daniel Benavides interveu para destacar os moitos eventos deportivos que está a acoller o concello pontevedrés, ao que felicitou por esta decidida aposta.

Na súa intervención, Rafael Louzán sumouse á felicitación a Marín polo seu traballo en favor do deporte, agradecendo ao Concello e á Xunta a súa participación na organización deste campionato. O presidente da RFGF tamén tivo palabras de recoñecemento para os catro clubs (Fisgón, Ancora D’Ouro, E.D. Marín e La Peña) que colaboran para facer posible a realización desta fase final. [...]

María Ramallo, por último, celebrou que a Copa Galicia leve ao seu concello unha competición de fútbol sala, deporte con gran tradición en Marín, e que o faga na súa categoría feminina, feito que quixo destacar especialmente. Ramallo pechou o acto desexando que todas as persoas, deportistas e afección, que se despracen a Marín a vinderia fin de semana desfruten da hospitalidade coa que a localidade pontevedresa acolle sempre aos seus visitantes.

A Copa Galicia arrancará no pavillón da Raña o sábado 31 coa disputa das semfinais: Ourense Envialia-Pescados Rubén Burlea ás 17:30 e Cidade das Burgas-Poio Pescamar ás 19:30. O domingo 1 xógase a final ás 19:00, precedida da disputa da I Minicopa Galicia de categoría infantil, que enfrontará a Poio Pescamar e A Fervenza (Pescados Rubén Burela).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.