04/04/2018

Axenda Laranxa na Semana do Deporte

Axenda Laranxa na Semana do Deporte
O Pescados Rubén Burela FS estreou onte a Semana do Deporte do Concello de Burela, con visitas aos centros educativos da localidade mariñá. Xogadores e xogadoras dos equipos sénior convidaron o alumnado ao partido de Primeira RFEF deste sábado, fronte ao Móstoles FSF (18.30 horas, Vista Alegre), e a asistir ao programa de Radio Galega ‘Convivir Deportivo’, que se gravará o vindeiro luns, 9 de abril.

Mañá será un día cento por cento laranxa, coa participación do fútbol sala nos circuítos deportivos nas dúas Escolas Infantís da vila. Dany, Tai, Julia, Jenny, Cora, Chus, Héctor e Hélder pasarano ao grande xogando cos pequenos burelaos. A xornada porá fin coa mesa redonda ‘Deporte Profesional’, na que Luisma e Ana Romero contarán a súa experiencia, xunto ao xogador do Obradorio CAB Jordan Bachynski e o CD Lugo Adrià Carmona (salón de conferencias, 20.30 horas), co xornalista Ignacio Meitín, de La Voz de Galicia, como moderador.

Baixo o título “Coñeces os 6 básicos dunha alimentación saudable?”, a dietista e nutricionista do equipo masculino laranxa, Cristina Rodil, asesorá os máis pequenos nos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme.

A gravación do programa de Radio Galega ‘Convivir Deportivo’, dedicado ao Pescados Rubén Burela FS e aberto a todo o público, pechará a Semana do Deporte o luns, no auditorio municipal (19.00-21.00 horas), xunto a un relatorio de podoloxía.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.