16/04/2018

Os laranxas pelexarán polo título irmandiño en Ferrol

Pescados Rubén Burela FS, O Esteo, Santiago Futsal e O Parrulo son os catro equipos que loitarán polo título
Os laranxas pelexarán polo título irmandiño en Ferrol

A fase final da Copa Galicia masculina de fútbol sala xa ten sede: disputarase no pavillón ferrolán da Malata os días 30 de abril e 1 de maio.



O luns 30 disputaranse os dous partidos de semifinai. A afección laranxa poderá viaxar dende Burela nunha viaxe organizada polo club mariñán.



 



19:00 | PESCADOS RUBÉN BURELA FS - O ESTEO FS



21:15 | SANTIAGO FUTSAL - O PARRULO FERROL



E o martes 1 de maio os dous finalistas xogaranse o título ás 19:00 horas.



 



I Mini Copa



Paralelamente, o martes 1 de maio disputarase a I Mini Copa Galicia infantil, cos seguintes horarios:



SEMIFINAIS 10:30 | BURELA PESCADOS RUBÉN - O ESTEO



12:00 | SANTIAGO FUTSAL - O PARRULO FERROL



FINAL 17:00

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.