01/06/2018

O ala Ramón Vargas, segunda novidade na Mariña

O ala Ramón Vargas, segunda novidade na Mariña
O ala Ramón Vargas Pérez (Huelva, 1997) defenderá o Pescados Rubén Burela a próxima tempada. O andaluz, que procede o Levante UD FS de Primeira LNFS, convértese así na segunda novidade na Mariña, xunto ao peche lugués Lucho, co que compartiu vestiario en 2017-18.

ElPozo Ciudad de Murcia (2014-16) e Tenerife Iberia Toscal (2016-17) tamén figuran na traxectoria deportiva de Vargas, de tan só 20 anos. Coa súa chegada e a de Lucho, a engrenaxe do novo equipo mostra o paso firme cara a unha nova tempada de ilusións e soños, xunto ás renovacións de Matamoros e Hélder, ademais de Renato.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.