05/06/2018

Pope vestirá un ano máis de laranxa e Colacha regresa ao Palma

Pope vestirá un ano máis de laranxa e Colacha regresa ao Palma
Sergi Orgillés Saiz, Pope, vestirase de laranxa un ano máis, en calidade de cedido, tras as negociacións do Pescados Rubén Burela FS co xogador catalán e o Palma Futsal. Pola súa banda, o novísimo ala José Antonio Luna Guijarro, Colacha, que tamén recalou a tempada pasada na comarca mariñá desde o club insular na mesma situación, regresará á súa entidade de orixe para seguir medrando.

Aos seus 22 anos e sen perder nin unha soa das 30 xornadas en liga, Pope, deixou boas mostras das súas excelentes condicións como un peche de futuro, con gran presenza na espectacular final de XXVII Copa Galicia fronte a Santiago Futsal.

“Colacha mostrou unha boa adaptación e disciplina nestes meses. É un xogador cuns sólidos fundamentos tácticos malia a súa xuventude. Agradecemos o seu compromiso co Pescados Rubén; estamos seguros de que ten un futuro moi prometedor por diante” explicaba o presidente, Manuel Blanco, do andaluz, de 20 anos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.