21/06/2018

Dany cumprirá a súa quinta tempada no Pescados Rubén

Dany cumprirá a súa quinta tempada no Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo coa brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, para seguir sendo Guerreira Laranxa en 2018-19. A 3 mariñá cumprirá así a quinta tempada no club, a cuarta nesta segunda etapa. “Dany é un exemplo dentro da nosa estrutura, en traballo, seriedade, dedicación e sobre todo na súa implicación na formación dos máis pequenos/as” aplaudía así o presidente, Manuel Blanco, a continuidade da canarinha.

A pivote, de 33 anos, convértese na cuarta renovación do proxecto, xunto a Cilene, Jozi e Ana Romero, como outras das referencias na solidez do equipo. En 2017-18, a incombustible Dany disputou 29 dos 30 partidos de liga, con 25 titularidades, e 20 dianas, como unhas das máximas goleadoras laranxas, por detrás das 29 de Cilene e das 21 de Lara; así mesmo tamén se erixiu como un dos grandes revulsivos do conxunto laranxa tanto na Copa de España de Cádiz coma na Copa Galicia de Marín.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.