Actualidade
27/06/2018
Recoñecemento municipal pola Copa Galega Xuvenil
O conxunto Xuvenil B do Pescados Rubén Burela FS foi recibido hoxe no salón de plenos do consistorio de Burela como recoñecemento a un dos títulos máis recentes que loce na vitrina laranxa, a Copa Galega Xuvenil. O cadro dirixido por Christian Fustes, Mario Pillado e Simón Martínez estivo acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, na recepción ofrecida polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
Os rapaces recibiron unha placa conmemorativa pola xesta como campións de Copa Galega Xuvenil (Burela, 9-10 de xuño, RFGF) nun curso que as categorías de base laranxa, entre prebenxamín e xuvenil, pecharán esta semana co Memorial Heroes do Orzán 2018 da Fundación Imdecum, reunindo a uns 800 xogadores en Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro, ata o domingo 1 de xullo.

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas