28/06/2018

Iago Míguez volverá brillar en Vista Alegre

Iago Míguez volverá brillar en Vista Alegre
Un dos xogadores máis queridos da historia do Pescados Rubén Burela FS, o burelao Iago Míguez Expósito, volverá brillar de laranxa en Vista Alegre. O ala de 27 anos, que regresa ao seu fogar tras defender o Catgas Energía en Primeira no último exercicio, formalizou o contrato coa entidade mariñá ata 2021.

“Estamos moi satisfeitos co regreso de Iago. É un xogador con rapidez e gol. Medrou con nós, en Segunda e Primeira División, sempre encaixou na nosa filosofía e seguirá dándonos moitas alegrías nesta nova etapa” aseguraba o presidente, Manuel Blanco.

Despois de sete tempadas na súa casa, gozando dos mellores momentos do equipo na elite, e tras o paso por Santa Coloma, Iago Míguez reencontrarase non só co Mariskal, co que compartiu pistas, senón tamén con Matamoros, Hélder e Renato; integrarase no equipo tamén xunto a Pope e Luisma, ademais das outras novidades: Lucho, Vargas, Juanfran e Porto.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.