03/07/2018

Imanol, dende o Jaén, defenderá a portería laranxa

Imanol, dende o Jaén, defenderá a portería laranxa
O canario Imanol Chávez Darias (La Gomera, 1993) defenderá a portería laranxa a vindeira tempada, compartindo responsabilidades con Edu. O mozo gardameta recalará na Mariña despois dunha excelente campaña no Jaén Paraíso Interior alzándose coa Copa de España.

Aos seus 24 anos e formado na súa terra, en Gomera FS e Gran Canaria Colegios Arenas, en 2015-16 deu o salto ao fútbol sala internacional en Rumanía, no KSE Targu Mures; regresou en 2016-17 ás pistas españolas, co FS Zamora, e en 2017-18 estreouse en Primeira División co equipo andaluz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.