13/07/2018

A internacional Cris tamén se sobe á nave laranxa

A internacional Cris tamén se sobe á nave laranxa
Oficialízase o terceiro reforzo das Guerreiras, coa terceira internacional española, tras o regreso da ala-pivote madrileña Peque e a chegada da ala coruñesa Luci. Cristina Pérez Gil (Las Torres de Cotillas-Murcia, 1992) tamén se subirá á nave laranxa a vindeira tempada. A pivote, procedente do UCAM ElPozo Murcia FSF, chegou a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para defender a camisola mariñá en 2018-19.

Cos inicios no futsal da súa terra natal, no Efutsa Las Torres de Cotillas, Cris medrou da man do UCAM Murcia, con 5 campañas en Segunda División e 2 en Primeira. A pivote, de 26 anos, debutou coa Selección Española no Torneo IV Nacións de Guadalaxara, en decembro de 2017.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.