31/07/2018

Palma, Santiago, Noia e Pescados Rubén, no III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro)

Palma, Santiago, Noia e Pescados Rubén, no III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro)
A terceira edición do Torneo Burela Bonita reunirá en pretempada un novo cuadrangular de luxo. Entre o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro, Vista Alegre acollerá a cita coa presenza Palma Futsal, de Primeira LNFS, e Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli FS, que compartirán a liga de Segunda 2018-19 co anfitrión, Pescados Rubén Burela FS.

O conxunto de Juanma Marrube medirase ao Santiago Futsal na xornada inaugural, ás 19.30 horas. Pecharán o día Palma e Noia, ás 21.30 horas. A loita polo terceiro e cuarto posto decidirase o sábado ás 19.30 horas entre os perdedores. A gran final será ás 21.30 horas.

O xuvenil entra en escena

Como gran novidade, o III Torneo Burela Bonita tamén acollerá competición na categoría xuvenil, coa base do Palma, Santiago e Pescados Rubén, ademais da EDM Guitiriz. Os encargados de abrir a cita serán Burela e Guitiriz, o venres ás 16.00 horas e ás 17.30 tocaralles a quenda a insulares e composteláns. O sábado volverán saltar ao parqué da Bomboneira na pugna polo terceiro e cuarto posto primeiro (16.00 horas) e pola final (17.30 horas).

Abono único. Os amantes do futsal poderán presenciar as dúas xornadas completas por tan só 5 euros/adult@s. Para os menores de idade a entrada será totalmente gratuíta.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.