08/08/2018

O Pescados Rubén e El Progreso estreitan lazos

O Pescados Rubén e El Progreso estreitan lazos
O Pescados Rubén Burela FS e o xornal lugués El Progreso estreitarán lazos cun apoio conxunto en promoción do deporte en 2018-19. O máximo dirixente do club laranxa, Manuel Blanco, visitou onte pola tarde a delegación burelá do periódico para selar o acordo de colaboración coa presidenta, Blanca García Montenegro.

Manuel Blanco agradeceu o compromiso de El Progreso para contribuír a dar unha maior visibilidade do fútbol sala e do Pescados Rubén Burela FS. “Somos o máximo representante deste deporte non só en Burela e na Mariña senón tamén en toda a provincia de Lugo. Con apostas conxuntas coma esta gaña todo o deporte; esta colaboración é un paso adiante no crecemento dos clubs lucenses”. O presidente laranxa tamén incidiu na difusión que dende o xornal se lle dá a un dos activos máis importantes da entidade burelá, a base, a través do suplemento A Canteira.

Dende El Progreso, Blanca García Montenegro destacou a relevancia de que empresas tan fortes como Pescados Rubén “se comprometan con estas iniciativas” e aplaudiu a “firme aposta do club laranxa na igualdade, coa traxectoria do equipo feminino, todo un campión, condición que demostra tempada tras tempada porque o difícil non é chegar senón manterse no máis alto”.

Enmarcado no devandito convenio, El Progreso disporá de entradas para os partidos de Primeira RFEF e Segunda LNFS en Vista Alegre para uso promocional entre os seus subscritores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.