09/08/2018

Presentación do corpo técnico-médico burelista de Primeira

Presentación do corpo técnico-médico burelista de Primeira
O corpo técnico-médico do Pescados Rubén Burela FS de Primeira RFEF ultima os detalles para o comezo de pretempada 2018-19, co inicio previsto para o luns 20 de agosto. O técnico Julio Delgado seguirá á fronte do grupo de traballo que foi presentado na sede laranxa, na compaña do presidente, Manuel Blanco, a vicepresidenta, Cesarina Fanego, e o directivo Rubén Branco.

Julio Delgado continuará compartindo responsabilidades con Iván Cao, Lucas, no banco, Emma Losada, como delegada, e Fran Paz, como adestrador de porteiras; la nutricionista Alba Vila volverá coidar a alimentación das xogadoras. Como novidades, regresa á estrutura burelista o preparador físico Pablo Díaz e incorpórase o fisioterapeuta Christian Moreno. Ademais, a saúde das Guerreiras Laranxas seguirá estando supervisada polo médico Javier Couce e o podólogo Miguel Murias.

“O ano pasado quedamos a un pasiño e esta tempada temos que dar ese salto e ir a por todos os títulos” aseguraba Julio Delgado, arroupado polo corpo técnico-médico, a pouco menos de dúas semanas para a volta ao traballo sobre o parqué de Vista Alegre. “Estou desexando que chegue o momento. A tempada pasada foi moi longa pero o fútbol sala apaixóname e por iso non vexo a hora que chegue o momento de comezar a pretempada. Preséntase unha tempada moi ilusionante. O equipo reforzouse moi ben e este ano teremos que loitar por ser un referente a nivel nacional” explicaba Julio Delgado tras a reunión da sede laranxa, incidindo no potencial do novo proxecto: “O esforzo que fixeron o club e Pescados Rubén para reforzarse foi tremendo; chega Peque, unha gran xogadora que xa coñecemos, e Luci e Cris son dúas alternativas que nos van axudar a dar ese salto de calidade. Agora só temos que referendalo con traballo e resultados na pista”.

“A pretempada sempre é dura pero mantivemos o bloque, así que temos moito traballo feito de tempadas anteriores. Tan só lles pido ás xogadoras que gocen deste deporte; temos un cadro moi compensado, moi competitivo e que nos vai dar grandes resultados” advertía con ilusión e optimismo o técnico laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.