16/08/2018

Coñece quen é quen no Pescados Rubén 2018-19 de Segunda LNFS

Coñece quen é quen no Pescados Rubén 2018-19 de Segunda LNFS
O Pescados Rubén Burela FS escolleu a praia do Portelo como escenario de fondo para presentar as mellores calidades dos xogadores que compoñerán o cadro 2018-19 de Juanma Marrube. Ademais, o vestiario laranxa estreou para a ocasión as novas equipacións de xogo, co laranxa para a primeira e o negro e amarelo para a segunda; na portería Edu, Imanol e Luismi lucirán de verde e azul.

Joma vestirá unha tempada máis a toda a estrutura do club mariñán, dando continuidade a unha relación que comezou en 2011-12.

Vídeo. LIGAZÓN

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.