31/08/2018

Luci: 'O que máis aprecio de Burela é a profesionalidade do club e a calidade das xogadoras'

Luci: 'O que máis aprecio de Burela é a profesionalidade do club e a calidade das xogadoras'
Lucía Gómez González (A Coruña, 1992) foi presentada como nova xogadora laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo, Rubén Blanco, mostrándose moi ilusionada: “Xa coñecía algo, pero o que máis aprecio, e non deixa de sorprenderme, deste club é o seu profesionalidade e a calidade das xogadoras. Desde o primeiro contacto para min foi unha ilusión. Teño a oportunidade de quedarme en Galicia, no mellor club galego e un dos mellores de España, por non dicir o mellor”.

A ala internacional Luci confésase cómoda e disposta a todo, con case dúas semanas de pretempada: “O grupo responde ben; as sensacións nesta segunda semana son boas e eu síntome cómoda. A miña meta persoal é medrar como xogadora, dar o mellor de min e axudar ao equipo a conseguir os obxectivos. Somos ambiciosos e o obxectivo é loitar por todos os títulos”, así de clara se mostraba a nova 19 laranxa, con moito que achegar ao este proxecto repleto de soños: “Son unha xogadora zurda con visión de xogo, gústame ter moito o balón; creo que son bastante completa para axudar ao meu equipo desde a miña faceta”.

I Torneo FSF Cidade de Narón

As pupilas de Julio Delgado e Lucas disputarán mañá o seu segundo test de pretempada, en l Torneo FSF Cidade de Narón, organizado por Comarcal A Fervenza FSF. Esta será unha cita moi especial para Luci, no reencontro coas súas compañeiras do Envialia: “É un partido especial, estiven en Ourense dúas tempadas moi boas e teño ganas de ver ás miñas antigas compañeiras como rivais”, explicaba a coruñesa esperando a segunda semifinal do torneo que enfrontará a ourensás e mariñás ás 17.30. Antes, ás 16.00 horas, as anfitrioas recibirán a Viaxes Amarelle FSF.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.