31/08/2018

Palma se enfrentará a los anfitriones en el Burela Bonita

Palma se enfrentará a los anfitriones en el Burela Bonita
Palma Futsal enfrontarase aos anfitrións mañá polo galardón do III Torneo Burela Bonita; será ás 19.30 horas en Vista Alegre. Os insulares conseguiron o billete esta noite, na segunda semifinal da cita, con contundencia sobre o Noia Portus Apostoli (0-7).

Xa no primeiro acto o conxunto de Primeira División deixou constancia da súa opulencia, con 0-3 xa ao minuto 13, con Taffy, Lolo e Tomaz, e ante un Brais, outro ex-meta laranxa, que se aplicou a fondo para frear a voracidade dos de Antonio Vadillo. Tras o descanso Taffy, no minuto 22 á escuadra, e Hamza, no 24, ampliaron a fenda. Taffy volveu sentenciar, con hattrick, no 33. Logo dunha boa oportunidade de Nene fronte a Nico Sarmiento, os de Noia apostaron por porteiro xogador con Nene, sen poder franquear a rede do Palma. Nos últimos compases Catela anotou o 0-7 definitivo.

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli: Brais, Iván Beltrán, Christian, Dani Colorado, Juan Puertas, cinco inicial; tamén xogaron Sergio Quilez, Xuxa, J. Bello, Nene, Marci, Quique, Carlos

Palma Futsal: Nico Sarmiento, Taffy, Nunes, Rosa, Lolo, cinco inicial; tamén xogaron Hamza, Catela, Eloy Rojas, Joselito, Tomaz, Joaki

Goles: 0-1, minuto 4, Taffy; 0-2, minuto 4, Lolo; 0-3, minuto 13, Tomaz; 0-4, minuto 22, Taffy; 0-5, minuto 24, Hamza; 0-6, minuto 33, Taffy; 0-7, minuto 40, Catela

Árbitros: Martínez Torres // Ferrero Carballal.

Incidencias: Partido correspondente á segunda semifinal do III Torneo Burela Bonita, disputado en Vista Alegre ante preto de 500 afeccionados/as.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.