29/09/2018

Festival de goles laranxa no derbir fronte a Amarelle (0-6)

Festival de goles laranxa no derbir fronte a Amarelle (0-6)
O Pescados Rubén Burela FS estreouse ao grande na xornada inaugural de liga con festival de goles laranxas na pista do novel en Primeira, Viaxes Amarelle (0-6). Tras o máis que temperán tanto de Dany, as da Mariña conseguiron sentenciar prácticamente o derbi galego na primeira parte, con 0-4 ao descanso.

Aos 18 segundos, Dany marcaba o que ía ser o guión da estrea de 2018-19, adiantando as de Julio Delgado e Lucas no electrónico. O Pescados Rubén ofreceu un dominio que as coruñesas conseguiron equilibrar nos primeiros minutos. No entanto, as da Mariña lograron abrir notablemente a fenda en menos de cinco minutos ata o 0-4. Cilene firmou o 0-2, no 10, aproveitando unha falta de entendemento local na área. Luci estreou a súa cuadrícula nas filas laranxas no minuto 14 cazando un rexeite de Sandra a tentativa de Cami. Reaccionou Amarelle con xogo de cinco sen éxito e recibiu tan só un minuto despois o mazazo do 0-4, en propia porta de Patri Romaní. Sandra salvou fronte a Peque o quinto no último suspiro antes do descanso, nunha acción que obrigou á 7 mariñá a saír da pista con molestias nun pé que lle impediron seguir xogando.

Volveron as burelistas ao parqué cunha cómoda renda de 0-4 que lles permitiu mitigar a intensidade de xogo que conseguir ampliar Jenny, no 28, e Dany, no 33.

Ficha técnica

Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri, María, Iraia, Martita, cinco inicial; tamén xogaron Iru, Renee, Inés, Zaida, Mónica.

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Peque, Cami, cinco inicial; tamén xogaron Cris, Luci, Lara, Jenny, Ana Romero.

Goles: 0-1, minuto1, Dany; 0-2, minuto 10, Cilene; 0-3, minuto 14, Luci; 0-4, minuto 15, Patri Romaní (p.p.); 0-5,minuto 28, Jenny; 0-6, minuto 33, Dany.

Árbitros: Cid Bragado // Feliz Otero (Galicia). Por Amarelle dobre amarela a María. Por Burela amarela a Cilene, Lara Balseiro.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira RFEF disputado no pavillón Sagrada Familia da Coruña

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.