29/09/2018

O Pescados Rubén consegue a primeira vitoria (4-1), ante o campión

O Pescados Rubén consegue a primeira vitoria (4-1), ante o campión
O Pescados Rubén Burela FS subiu esta tarde a primeira vitoria da tempada, con 4-1 en Vista Alegre ante ElPozo Ciudad de Murcia, actual campión de liga. Os de Juanma Marrube foron ordenados en defensa, esixentes en presión e intensos en cancha contraria ante un rival dinámico e organizado que se adiantou no marcador, cunha excelente reacción laranxa, con 3-1 en tan só 2 minutos, no ecuador do primeiro acto.

Saíron en avalancha os de Juanma Marrube. Antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo Pope, a pase de Renato, e R. Vargas intentaron sorprender a meta de Guillamón. Edu estivo moi atento ante as primeiras embestidas dos levantinos, con grande actuación ante Shimizu, no minuto 4, entre as máis destacadas, pero nada puido facer ante Cobarro (minuto 7, 0-1). Os da Mariña non se fixeron esperar. Renato, desde saque de esquina, igualou o marcador un minuto despois, cun balón que tocou na defensa murciana e desorientou o meta visitante. Pope conseguiu adiantar os burelenses poucos segundos despois, cun meteorito. Chegou a maxia de Matamoros; avisou por arriba despexando Guillamón coa xema dos dedos, pero o meta murciano nada puido facer segundos despois, de novo de estratexia. Aínda puido ampliar a fenda Hélder, no 15, recibindo ante Guillamón. Edu estivo de novo soberbio na recta final, freando a Cobarro por partida dobre.

No regreso á pista, a afinación de cara á rede seguiu estando ao lado dos locais. Renato subiu o 4-1 no 24 desde a frontal da área. Con posesión e perigo local, no 26, de novo o 12 laranxa, tivo o quinto ante Guillamón pero fóiselle desviado. Con dez minutos aínda por diante, Josema liderou o xogo de cinco dos murcianos en busca da remontada. Os de Juanma Marrube responderon coa mesma aposta no 33 abandeirados por Matamoros. Shimizu, no 35, puido recortar distancias a porta baleira cun disparo que se foi demasiado desviado, aínda que non xeraron demasiado perigo os de Josan González; o primeiro tiro a porta no que tivo que intervir o meta naronés foi no 37. Nunha tarde perfecta, Edu volveu exhibirse no 39, fronte a Paniagua, para manter o definitivo 4-1.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Lucho, Juanfran, Pitero, Matamoros, Porto

ElPozo Ciudad de Murcia FS: Guillamón, Josema, Shimizu, Ricardo, Ismael, cinco inicial; tamén xogaron Gambín, Panigua, José Mario, Cobarro, Cámara, Nacho

Goles: 0-1, minuto 7, Cobarro; 1-1, minuto 8, Renato; 2-1, minuto 9, Pope; 3-1, minuto 10, Matamoros; 4-1, minuto 24, Renato

Árbitros: Abdulay Ndoho // Sarabia Eguiluz (Colexio Rioxano). Por Burela amarela a Renato (minuto 25). Por ElPozo amarela a Guillamón (minuto 12), José Mario

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante ao redor de 700 afeccionados/as.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”