04/10/2018

Bisontes, unha pista complicada para estrear a vitoria a domicilio

Bisontes, unha pista complicada para estrear a vitoria a domicilio
A xornada 4 de Segunda levará os pupilos de Juanma Marrube á complicada pista de Bisontes Castellón. A cita poderá seguirse en directo por streaming a través de www.lnfsdirecto.com (sábado 6, 17.30 horas) ou a través da APP LaLiga TV.

O Pescados Rubén Burela FS intentará aproveitar o bo sabor de boca que deixou a vitoria ante ElPozo Ciudad de Murcia (4-1), para estrearse nos triunfos a domicilio: “Foi un partido difícil no que fixemos as cousas ben e conseguimos unha vitoria importante, os tres primeiros puntos e na nosa casa que nos dan moita confianza para medirnos a Bisontes” explicaba unha das Xoias Laranxas, Renato, autor dun dobrete na cita, que tamén advirte do reto que se lles presenta por diante: “É un rival duro, cunha boa defensa e as ideas claras no seu xogo” explicaba o 12 burelista dun rival que tras un grande inicio, con vitorias ante Santiago Futsal (0-1) e Dimurol Tenerife (4-0), vén de sucumbir nun gran partido a pista do Real Betis Futsal (4-0). “É un bloque sólido que se reforzou moi ben que como conxunto local vai ser un rival moi complicado; así foron xa os duelos entre castellonenses e laranxas” incidía o ala mariñán.

Para unha das grandes referencias da Base Laranxa, esta será a terceira campaña como xogador sénior: “Síntome cómodo e contento no equipo. Cada vez teño máis confianza en min; espero axudar ao equipo, que me respecten as lesións e conseguir o que todos queremos” explicaba Renato anhelando o regreso de novo á elite, onde debutou.

O equipo partirá esta noite para realizar mañá, sobre as 12.00 horas, a última sesión da semana, xa no Ciudad de Castellón. Matamoros non viaxará debido a unha rotura muscular de aductores.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS:
1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 18. Adilson, 23. Imanol, 30. Hélder

Copa do Rei


Entre xornada e xornada de liga, os pupilos de Juanma Marrube terán que facer un alto no camiño, no seu debut na Copa do Rei, coa primeira eliminatoria. Será o martes, 9 de outubro, ás 22.00 horas, na casa do Prone Lugo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.