12/10/2018

Vista Alegre recibe a un Tenerife que persegue o cambio de dinámica

Vista Alegre recibe a un Tenerife que persegue o cambio de dinámica
Vista Alegre recibe este sábado, na xornada 5 de Segunda LNFS, a un Dimurol Salesianos Tenerife na antítese do Pescados Rubén Burela FS. Os pupilos de Juanma Marrube saltarán á pista ás 18.30 horas na busca da súa terceira victoria consecutiva fronte aos insulares, que chegan á Mariña, sen puntos, perseguindo o cambio de dinámica.

Fronte aos dous empates e dos triunfos dos laranxas, cos que defenden a terceira praza, os tinerfeños tiveron non o tiveron doado ata o momento, caendo ante ElPozo (0-10), Bisontes (4-0), Santiago (3-2) e Betis (0-7). “Será un partido máis de liga, esixente, contra un rival que vai vir motivado, disposto a cambiar o seu duro inicio, para comezar a puntuar. Virá sen nada que perder, é un rival dinámico e atrevido, e pode converterse nunha trampa” explicaba José Antonio Capón Lamas, Porto.

Con este aviso, o 7 laranxa teno claro: “O noso traballo é o mesmo independentemente do rival; temos que ser un equipo estable sobre a pista, con boa defensa e sabendo xogar a pelota” reflexionaba o xogador de Portomarín, moi contento coa evolución do equipo e a súa integración nesta primeira tempada de laranxa: “Cada día estamos xogando mellor, coñecémonos máis, saen mellor as cousas, a pesar de que aínda falta que entre Iago Míguez e Mata está un pouco tocado. Eu estou moi contento, cada día participo máis nos partidos, Juanma confía cada vez máis en min e xa estou máis integrado no grupo” valoraba Porto, nunha semana na que contribuíu ao pase na primeira eliminatoria de Copa do Rei, fronte ao Prone Lugo (0-6), con dobrete goleador.

O último adestramento da semana está previsto para esta mañá ás 11.00 horas, en Vista Alegre. Iago Míguez, por unha tendinopatía rotuliana, e Matamoros, por lesión de aductores, aínda non estarán dispoñibles nesta cita para Juanma Marrube.

Zona Infantil Laranxa

Os máis pequenos poderán divertirse un sábado máis na Zona Infantil Laranxa, que se habilitará en Vista Alegre, con inchables e obradoiros de manualidades, dende as 18.00 horas

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.