13/10/2018

Paso firme en Móstoles (2-4)

Paso firme en Móstoles (2-4)
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme e sen tropezos o seu inicio de liga, cun importante triunfo na pista do Móstoles FSF (2-4). As pupilas de Julio Delgado e Lucas, que viaxaban condicionadas polas lesións, ofreceron un gran partido no que foron de menos a máis, serio en defensa e con gran desgaste físico.

Cilene, no minuto 18, aproveitou unha falta para brindarlles a vantaxe ás galegas e finalizar a primeira parte con 0-1. Con todo, o regreso á pista non foi tan agradable. Aos poucos segundos do reinicio, o Móstoles igualou a contenda grazas a Patri Chamorro nun penalti de Jozi. Tan só dous minutos despois, o Pescados Rubén recuperaba a iniciativa no electrónico tras un contraataque, materializado por Cristina ao segundo pau. A estrea de Tais Alves non podía ser mellor, asinando o 1-3 no minuto 26, cun balón desde os dez metros que se coou pola escuadra. Superado o ecuador do segundo acto, as burelistas ampliaron a fenda, cunha tentativa en propia porta de Celia, en tentativa de despexe. As galegas tiveron que navegar co lastre das cinco faltas. No 35, o Móstoles, sen facer dano, quixo ir polo partido con xogo de cinco. Tan só puido atopar o gol, nos últimos segundos, de novo con Patri Chamorro, de dobre penalti.

Ficha técnica

Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Celia, Inma, Carmen Alonso, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Benete, Desi, Rocío Robles

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Cilene, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Cris, Ana Romero

Goles: 0-1, minuto 18, Cilene; 1-1, minuto 21, Patri Chamorro; 1-2, minuto 23, Cristina; 1-3, minuto 26, Alves; 1-4, minuto 32, Celia (p.p.); 2-4, minuto 40, Patri Chamorro

Árbitros: Cabello Ruiz // Cubero García. Por Móstoles amarela a Patri Chamorro (minuto 32). Por Burela amarela a Cristina (minuto 28).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira División RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Villafontana de Móstoles. Minuto de silencio inicial pola traxedia de Sant LLorenç.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.