20/10/2018

Pescados Rubén 6-0 Guadalcacín

Pescados Rubén 6-0 Guadalcacín
As Guerreiras Laranxas recuperaron a portería a 0 na cuarta xornada, mantendo o pleno de vitorias e liderado, con protagonismo de equipo sobre o pechacancelas, Guadalcacín FSF. O Pescados Rubén Burela FS foi de menos a máis; tras unha primeira parte na que non conseguiron soltarse e dispuxeron de poucas ocasións, as mariñás ampliaron a vantaxe de 2-0 ata o 6-0, con mellor imaxe, máis comodidade e multiplicando perigo.

Intentaron sorprender Sara e Chihiro nos primeiros compases a rede de Ana Romero, pero o toque das mariñás foi máis certeiro. Jenny estreou o electrónico no minuto 5, polo centro nas proximidades da área, aproveitando unha perda andaluza. Medio minuto despois a internacional lusa a punto estivo de subir o segundo, nun rexeite de disparo exterior que pegou no largueiro. Dany, no 13, dispuxo unha de ouro, que levantou a bancada, pero fóiselle demasiado alta. Cilene no 16 volveu probar cun mísil de lonxe. Sara, desde a banda, dispuxo da mellor do Guadalcacín, no 18. Restando tan só 7 segundos para o descanso, Dany ampliou distancias.

Unha das xoias de Comarcal A Fervenza, Cris, tivo o terceiro nunha gran chegada sobre Sandra no reinicio, no minuto 23. No 26 Alves non puido chegar ante a meta andaluza e Cris non puido cazar un balón morto pegado ao pau. Estaban facendo moitos méritos; o gol estaba cerca e foi a internacional española Luci a encargada de asinalo, un minuto despois, cun canonazo, a pase de Dany. Antes de cumprirse a medianía da segunda parte, Lara Balseiro subiu o 4-0, en xogo desde a banda.

No 32, as andaluzas non puideron materializar as súas mellores ocasións, ata o momento, cun man a man de Jozi e Sara e acto seguido, cun córner que o pau repeliu a tentativa de Desi. Nunha nova avalancha das de Julio Delgado e Lucas, a falta de tres minutos para o final, o pau evitou dous de ouro, primeiro da última incorporación laranxa, Tais Alves, e segundos logo de Dany. A calidade doutra dá as burelistas chamadas pola Vermella, Cristina, fixo acto de presenza para selar o 5-0, a 1’07” para a bucina final. Aínda tivo tempo o Pescados Rubén para a estrea goleador de Alves na Bomboneira, fatando 23 segundos.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Lara Balseiro, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Alves, Cristina, Cris, Claudia, Jozi

Guadalcacín FSF: Sandra, Chihiro, Trini, Ogalla, Sara, cinco inicial; tamén xogaron Desi, Pepa, Natalia, Ayala, Carla, Lucía

Goles: 1-0, minuto 5, Jenny; 2-0, minuto 20, Dany; 3-0, minuto 27, Luci; 4-0, minuto 30, Lara Balseiro; 5-0, minuto 39, Cristina; 6-0, minuto 40, Alves

Árbitros: Darriba Villamor // Manteiga Rodríguez (Galicia). Por Burela amarela a Lara (minuto 8), Luci. Por Guadalcacín amarela a Sara (minuto 38).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas. Ambos os equipos regalaron á bancada globos rosas con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama (19 de outubro)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.