25/10/2018

Roldán, gran proba de lume para as Guerreiras Laranxas

Roldán, gran proba de lume para as Guerreiras Laranxas
O Pescados Rubén Burela FS enfróntase esta semana á súa primeira gran proba de lume da liga 2018-19, coa visita na quinta xornada á pista do actual campión, Jimbee Roldán. O pavillón Gabriel Pérez acollerá a cita o sábado, ás 18.00 horas con emisión en directo na web de Televisión de Galicia, unha cita de altos voos entre a primeira praza das laranxas (12 puntos) e a terceira das murcianas (10 puntos):

“Roldán é unha pista moi difícil, moi parecida a Burela, cun pavillón no que a afección anima moito e onde poucos equipos conseguen puntos” advertía a 5 burelista, Cristina Pérez, saíndo da concentración coa Selección Española desta semana na súa terra, en Murcia. “Teremos que facer un partido moi serio, con concentración plena porque calquera descoido nos pode pasar factura” avisaba a pivote. “Con Móstoles tivemos unha pequena anticipación, pero conseguimos sacar adiante cun partido moi completo” explicaba a laranxa, facendo referencia precisamente ao único rival que lle arrebatou puntos ao Roldán neste inicio de liga, con 2-2, no feudo do campión.

As burelistas adiantaron o seu desprazamento para poder incorporar canto antes as internacionais españolas á súa preparación, Cris e Luci, ademais de Jenny, que chegará esta tarde desde Madeira tras os seus compromisos con Portugal. O equipo de Julio Delgado e Lucas adestrará hoxe e mañá xa no seu destino; Peque será dúbida ata última hora.

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci

Goles laranxas con España e Portugal


“Estou moi contenta por ter de novo a oportunidade de estar coa Selección, polas dúas vitorias ante un rival difícil e por poder gozar dun grande ambiente. Tanto en Archena coma en San Javier o pavillón estaba cheo, cun público que non deixou de animar; ademais para min aínda foi máis especial ao ser na miña terra, arroupada pola bancada e a familia. Seguirei traballando para poder volver de novo” valoraba así Cristina a grande experiencia vivida esta semana na concentración de España, con dous triunfos fronte a Italia (4-1 e 7-0). Cris anotou o 1-1 no primeiro partido e Luci selou o 6-0 no segundo. Os amigables da Selección Portugal fronte a Eslovenia en Madeira tamén contaron con escintileos goleadores laranxas; Jenny contribuíu ás dúas vitorias (11-0 e 13-0) cun tanto en cada cita.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.