29/10/2018

Un paso adiante no liderado

Un paso adiante no liderado
Co triunfo de 3-9 na capital galega sobre o Santiago Futsal do sábado pasado, o Pescados Rubén Burela FS deu un paso adiante na súa segunda semana como líder de Segunda LNFS. Porto, Luisma, Pitero por partida dobre e Matamoros xa encamiñaron na primeira parte un gran derbi no que o brillo foi laranxa.

“Nós queremos ter unha liña de continuidade e regularidade por riba dos resultados. Ese era o noso obxectivo deste partido e conseguímolo” recoñecía Juanma Marrube este triunfo como un reflexo do bo traballo e da boa traxectoria que está desenvolvendo o equipo diante un complicado derbi ao que os laranxas acudiron moi preparados: “Sabiamos que ía ser un partido moi esixente. Santiago é un equipo con moito carácter e forza, e máis xogando como local. Nós viñamos preparados, coa referencia de que Betis xa sufriu moito en Santa Isabel”.

“Foi moi igualado, ata que se rompeu, con dous minutos que nos ofreceron unha vantaxe que soubemos xestionar despois” reflexionaba o técnico burelista facendo fincapé na recta final antes do descanso, cando converteron o apertado 1-2 no 1-5, con dúas actuacións de Pitero e 1 de Matamoros. “No segundo tempo, parecía que o Santiago se podía enganchar, tras dúas estratexias –de novo de Brian-, pero inmediatamente nós volvemos marcar e partir de aí o partido foi noso”, concluía o Mariskal aludindo á nova intervención de Mata, que completaron Porto, Luisma e o terceiro do 10 laranxa.

Tarde Laranxa no Cumio

Vista Alegre lucirá as súas mellores galas este sábado, 3 de novembro, na primeira Tarde Laranxa da tempada 2018-19, cos dous equipos sénior como líderes. O pano abrirase ás 17.00 horas, con Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo e a visita de Leganés Masdeporte, décimo da táboa. Ás 19.30 horas, será a quenda para Segunda LNFS fronte a Manzanares, cuarto na clasificación, con tan só 3 puntos de desvantaxe cos mariñáns.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.