02/11/2018

Leganés abre a Tarde Laranxa (sábado 3, 17.00 horas)

Leganés abre a Tarde Laranxa (sábado 3, 17.00 horas)
Sen descanso, tras a clasificación para a fase de Copa Galicia fronte ao Valdetires (8-1) de onte, as Guerreiras Laranxas volverán esta mañá ao parqué para realizar a última sesión da semana para preparar a xornada 6 de Liga Foro 16 Feminismo. O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá o Leganés Masdeporte, ás 17.00 horas, como apertura da primeira Tarde Laranxa de 2018-19 en Vista Alegre.

As mariñás defenderán ao primeira praza (15 puntos) igualadas con Penya Esplugues fronte ao conxunto madrileño, que chega na décima praza tras empatar na última cita fronte a UCAM ElPozo Murcia (4-4). O triunfo ante Guadalcacín (1-7) e as táboas con Ourense (0-0), nas xornadas 2 e 3, outorgáronlle o seus actuais 5 puntos. “Persoalmente é un equipo que non coñezo, pero xa estivemos traballando e estudando o seu método de xogo ao longo da semana. Chegamos co reforzo de que gañamos a un rival moi forte, o actual campión, pero se non gañamos esta fin de semana é coma se non fixesemos nada en Murcia” advertía Patricia González Mota, Peque, que mañá poderá gozar do seu primeiro partido de liga na Bomboneira.

A madrileña puido volver ás pistas o sábado pasado, ante Jimbee Roldán, tras varias semanas afastada por unha luxación nun dedo dun pé: “Noto aínda un pouco de molestias que me acompañarán durante algúns días máis aínda, pero atopeime moi ben, cómoda; puiden facer todo tipo de movementos exceptuando o lanzamento coa esquerda” explicaba Peque.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci

Pescados Rubén Burela FS-Manzanares FS


Ao conxunto de Juanma Marrube tocaralle poñer o broche á Tarde Laranxa, na defensa tamén do liderado de Segunda LNFS. Será ás 19.30 horas, coa visita do Manzanares FS Quesos El Hidalgo na oitava xornada. “Xogando os dous equipos o mesmo día é toda unha festa no pavillón, á afección iso encántalle e a nós tamén”, explicaba Peque.

Novo reclamo da Vermella


A 7 laranxa volverá estar na lista da Vermella para a súa próxima concentración, programada para o 11-15 de novembro en Almería.”?Estou supercontenta. Para a anterior, en Murcia, tamén estaba convocada, pero os problemas no pé impedíronme ir. Como se presenta un obxectivo tan bonito como o Europeo, cada convocatoria é aínda máis ilusionante” confesaba Peque, que tamén irá acompañada por outra laranxa, Luci: “Desde que fun con Lidia Mesías ao Campionato Mundial de Cidade Real non volvera ter unha compañeira de equipo na Selección. Estou moi contenta polas dúas”, concluía a pivote.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.