06/11/2018

A Familia Laranxa, cos traballadores/as de Alcoa!

A Familia Laranxa, cos traballadores/as de Alcoa!
O Pescados Rubén Burela FS quere amosar o seu apoio a todo o persoal traballador da multinacional Alcoa, que anunciou o peche das súas fábricas de Avilés e A Coruña o pasado 17 de outubro.

Alcoa-San Cibrao forma parte do pasado, presente e futuro da vida da Mariña Lucense. É o principal motor económico da bisbarra, xunto ao sector pesqueiro, e cun gran peso na franxa cantábrica, con Avilés e A Coruña. Como tal os mariñáns debemos manternos unidos e pedir que as institucións competentes na materia tomen cartas no asunto para abrir una vía de diálogo que permita que manter os centos de postos de traballo de Alcoa que agora mesmo están en serio perigo nas cidades herculina e asturiana, así como que garanta a viabilidade da planta cervense.

A Familia Laranxa está con vós!!!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.