11/11/2018

Un triunfo de máis de tres puntos

Un triunfo de máis de tres puntos
O Pescados Rubén Burela FS pechou a xornada 7 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo cun triunfo de máis de tres puntos nunha gran cita con paciencia, fluidez en ataque e boa defensa. As pupilas de Julio Delgado e Lucas seguen avanzando aferrándose á primeira praza con 3-0 fronte a un rival directo, Penya Esplugues; este resultado outórgalles a vantaxe de 4 puntos co segundo, Atlético de Madrid, e 5 coas catalás.

Luci, no minuto 6, con oportuno pé de Muni, e Lara Balseiro, contra o pau, foron as primeiras en avisar das intencións mariñás, ante un rival cunha gran defensa, que as locais puideron ir descontrolando co paso dos minutos. No ecuador da primeira parte, a fortuna non estivo ao lado das laranxas, tras o tempo morto, con dobre tentativa de Cristina, bloqueada primeiro por Muni e no rexeitamento contra o pau. A murciana tíñaa aí e na terceira non errou, segundos despois, asistida por unha maxistral Dany. Ana Romero estivo moi atenta ao bordo do área, tan só un minuto despois, fronte a Pilar; era a segunda das catalás que xa tentearan a rede local, no 6, con Riscos. Volveu á carga o Pescadso Rubén, con Dany, para subir o 2-0; a 3 burelista recolleu un balón morto que superou sixilosamente a liña de meta sen reacción das visitantes.

Nunha segunda parte con menos desequilibrio, Cristina dispuxo doutra dobre ocasión de ouro, no 32, primeiro coa meta Nerea como muro e despois cun balón demasiado alto. De novo a 5 burelista atopou o gol, á terceira, cun disparo desde a frontal, que pegou en Cèlia antes de entrar. Repetíase o guión da primeira parte, e de novo, tras o tempo morto, as galegas intentaron facer dano, cunha gran xogada de Dany á que chegou Cilene ao segundo pau e foise por poco. Con cinco minutos por diante, o Penya Esplugues saíu con xogo de cinco sen perigo.

Peque e Luci, coa Vermella

Peque e Luci incorporaranse esta noite á concentración da Selección Española en Almería, con dous amigables programados con Rusia, o martes e mércores en Níjar.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Lara Balseiro

Penya Esplugues: Muni, Estea, Arantxa, Cèlia, Laura, cinco inicial tamén xogaron Berta, Riscos, Zoe, Pilar, Iris, Nerea

Goles: 1-0, minuto 11, Cristina; 2-0 minuto 13, Dany; 3-0, minuto 33, Cèlia (p.p.)

Árbitros: Feliz Otero // Nóvoa García (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 6), Dany (minuto 34),Cristina. Por Penya, amarela a Estela (minuto 19), Riscos (minuto 30), Berta

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas. Vista Alegre solidarizouse cos traballadores/as da multinacional Alcoa, lucindo a pancarta do comité de empresa da planta de San Cibrao no fair play.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.