11/11/2018

Rivas 2-5 Pescados Rubén

Rivas 2-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS recolleu tres puntos esta mañá na pista do Rivas Futsal (2-5) que o manteñen na primeira praza de Segunda LNFS na xornada 9, con 2 de vantaxe sobre Real Betis Futsal e 3 sobre Talavera e Manzanares. Os de Juanma Marrube saíron vitoriosos da complicada pista de goma madrileña cun paso adiante na solvencia goleadora na segunda parte, tras o 1-1 ao descanso.

Malia ser superiores, os laranxas tiveron que conformarse coas táboas na primeira parte. Á iniciativa de Pitero, no 13, reaccionou o Rivas no 16, cunha xogada de estratexia que tocou en Pope antes de perforar a rede. Regresou o Pescadso Rubén coa orde por bandeira trass o descanso e axiña atopou recompensa, no minuto 23, cun lanzamento de Juanfran, en propia porta de Fran Conde. A Xoia Laranxa máis nova, Pitero, ampliou distancias no 28. Así, os de Juanma Marrube souberon xestionar a vantaxe de 3-1 e Juanfran, no 32, puxo o 1-4. Os madrileños apostaron con porteiro xogador con máis de oito minutos por diante e chegou o quinto galego, nas zapatillas de Hélder. Lucho viu a segunda amarela a falta de 2’46” para o final e só aí os locais puideron anotar o 2-5 definitivo, a través de Alberto, aproveitando a superioridade.

Ficha técnica

Rivas Futsal: Fernández, Fran Conde, Jorge Lázaro, Samu, Daniel, cinco inicial; tamén xogaron Chicho, Alberto, Rubio, Jorge Ballano, Javier de Quadros, José León

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Renato, Pope, Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Pitero, Lucho, Juanfran, Porto, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 13, Pitero; 1-1, minuto 16, Pope (p.p.); 1-2, minuto 23, Fran Conde (p.p.); 1-3, minuto 28, Pitero; 1-4, minuto 32, Juanfran; 1-5, minuto 33, Hélder; 2-5, minuto 39, Alberto

Árbitros: Bravo Sarango // Medina Herrera. Por Burela amarela a Luisma e dobre amarela a Lucho (expulsión no minuto 38)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Segunda LNFS disputado en Parque Sureste.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.