22/11/2018

O Pescados Rubén recibe o Majadahonda, Contra as Violencias

O Pescados Rubén recibe o Majadahonda, Contra as Violencias
O Pescados Rubén Burela FS, líder e con pleno de vitorias, recibirá o sábado, na xornada 9, o Majadahonda FS (18.30 horas). As mariñás, coa segunda equipación negra, e as madrileñas saltarán á pista de Vista Alegre para xogar Contra as Violencias, polo 25 N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), despregando a pancarta de Burela en Negro.

“Estamos medrando partido a partido; creo que co traballo da semana estamos preparadas para a visita de Majadahonda e imos pelexar para que os tres puntos non saian de Vista Alegre” comentaba Camila Gadeia, Cami, que regresou ás pistas o sábado pasado, no triunfo fronte ao Poio Pescamar FS (2-4), despois dun mes afastada por unha escordadura de ligamento colateral interno do xeonllo dereito. “Estou moi contenta polo regreso. Pensaba que só ía participar como porteira xogadora, pero despois Julio dedidiu que xogara. Foi unha sorpresa pero síntome ben, quédame pouco para estar ao cento por cento” explicaba así a peche burelista as súas sensacións.

O Majahonda FS chega á Bomboneira na undécima praza, con 10 puntos; tras as vitorias fronte a Femisport (0-2) e Amarelle (5-0), nas xornadas 3 e 4, e o empate con Zaragoza (4-4), na 5, as madrileñas recalarán co importante triunfo da semana pasada na visita do actual campión, Jimbee Roldán (5-3). “Será un partido moi duro; o rival virá moi motivado, virá loitar contra o líder despois do gran resultado da semana pasada. Sabemos que elas van vir para non desistir ata o último segundo pero nós estamos traballando ben e imos conseguir a vitoria”, así de optimista e confiada no gran traballo do equipo se amosaba a brasileira.

A escuadra completará a semana de adestramentos con sesión mañá ás 11.00 horas en Vista Alegre.

Zona Infantil

Dende as 18.00 horas os máis pequenos poderán divertirse na zona infantil con inchables e obradoiros.

Chocolata con churros


Para combater o frío destes días, a afección tamén poderán saborear un delicioso chocolate con churros a un módico prezo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.