26/11/2018

Parada de Copa Galicia antes de Córdoba

Parada de Copa Galicia antes de Córdoba
O Pescados Rubén Burela FS fará unha pequena parada nos compromisos ligueiros antes de recibir o Córdoba CF Futsal o sábado (Vista Alegre, 18.30 horas) para disputar oitavos da XXVIII Copa Galicia. UV Ventorrillo FS será o rival, que recibirá mañá os laranxas ás 20.45 horas.

Tras o empate de Talavera (2-2), os pupilos de Juanma Marrube voltarán ao traballo esta tarde, ás 15.40 horas, compartindo liderado con Betis Futsa (25 puntos) e volverán adestrar mañá ás 8.40 horas antes do desprazamento copeiro. Ventorrillo agarda os mariñáns na sétima praza de Segunda B, empatado a puntos coa SD Xove FS (19 puntos).

No caso de saír vitorioso, o Pescados Rubén vivirá un duelo mariñán en cuartos, fronte ao equipo xovense, que se impuxo ao Santa Isabel Fútbol Sala (1-7).

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1.Edu, 4.Lucho, 6.Luisma, 7.Porto, 9.Pitero, 10.Matamoros, 11.Juanfran, 12.Renato, 14.Pope,15.R. Vargas, 17.Nito, 23.Imanol, 30.Hélder

Cruzamentos de cuartos


-Vencedor de Valdesuso Peugeot Vilalba-O Parrulo (28 de decembro)-Cidade de Narón

-SD Xove FS-Vencedor de UV Ventorrillo FS-Pescados Rubén Burela FS

-Vencedor de ADFS Bueu-Noia FS (4 de decembro)-Vencedor de Vincios Cereixa-Pizarras Los Tres Cuñados (29 de novembro)

-Leis Pontevedra-Santiago Futsal

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.