28/11/2018

Os gardiáns das nosas Xoias

Os gardiáns das nosas Xoias
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, acompañou o profesorado de base na presentación 2018-19. Baixo a dirección de Alfonso Mera e coa coordinación de Christian Fustes, outros sete monitores coidan e forman o noso ben máis prezado, as Xoias Laranxas, con preto de 140 nen@s entre 3 e os 18 anos.

Os oito adestradores contan coa gran colaboración de sete delegados. Biberón e Prebenxamín dispoñen da axuda de David Rodríguez e Carmelo Pernas, con Alfonso Mera e Luisma como técnicos; Benxamín, con Mariela Paz, con Jairo Campo no banco; Alevín A, con José López, e Míchel Couceiro como adestrador; Alevín B, con Francisco Javier Muñoz e Cándio Eijo, e Alevín C, con Jesús Rodríguez, baixo a dirección de Jairo ambos os dous; Mario Pillado está á fronte de Infantís e Cadetes e Christian Fustes é o responsable de Xuvenís. Completan o profesorado Samuel Basanta, Javi Rodríguez ‘Celes’ e Javi Fajardo.

Míchel Couceiro tamén se encarga do equipo de Primeira Galicia Feminina, con Álex Abad, José Miguel Bolaños e Carlos Cuesta como delegados.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.