30/11/2018

El pleno de las Guerreiras Laranxas, a prueba ante el todopoderoso Futsi

El pleno de las Guerreiras Laranxas, a prueba ante el todopoderoso Futsi
Chega o Clásico na xornada 10 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. O pleno de vitorias das Guerreiras Laranxas poñerase a proba mañá en La Estación ante o todopoderoso Futsi Atlético Navalcarnero (18.30 horas).

Catro puntos separan o liderado galego do Pescados Rubén Burela FS (27 puntos) da segunda praza madrileña (23 puntos). As pupilas de Julio Delgado e Lucas viaxarán baixo as máximas de traballo en equipo e aproveitamento de oportunidades, encomendándose á calma e a paciencia, como as súas mellores armas para manter a súa imbatibilidade fronte ao máximo goleador (47 tantos a favor) e que só tropezou a domicilio (2-2 na xornada 1 con Ourense Envialia e Móstoles na 7): “Temos que ter tranquilidade, será un partido de detalles; é un rival con internacionalidades e experiencia que ademais estará reforzado por xogar na casa. Son tres puntos moi importantes fronte a un equipo moi forte”, explicaba a pivote Dany, unha das grandes coñecedoras dos duelos entre madrileñas e galegas.

“Sempre é o rival a bater, chegamos nunha liña de traballo inmellorable. Estamos moi conciencias de que vai ser un partido de ti a ti, nós temos que estar tranquilas e concentradas, e manter as ganas que nos fixeron chegar á xornada 10 sendo líderes e sen perder. Así poderemos volver cos tres puntos e dar un golpe de autoridade” volvía facer fincapé a brasileira depositando a presión da cita para o Futsi, posto que unha vitoria supoñería tomar vantaxe de 7 puntos e aínda que o resultado fóra desfavorable o liderado non se vería alterado, con 1 punto sobre o rival.

O conxunto mariñán partirá este mediodía cara ao seu destino da xornada 10. Luci regresa á convocatoria tras a escordadura de nocello sufrida coa Selección Española fai un par de semanas.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.