14/12/2018

O liderado laranxa fronte á imbatilidade ourensá

O liderado laranxa fronte á imbatilidade ourensá
O Pescados Rubén Burela FS vivirá mañá unha nova proba de lume. O liderado laranxa enfrontarase á imbatibilidade do Ourense Envialia nos Remedios a partir das 17.00 horas. A cita poderá seguirse en directo por TVG2.

“Temos moitas ganas deste partido, é un rival moi forte; con Futsi, son os 2 únicos equipos invictos na liga. Por iso aínda estamos máis motivadas, ademais para min é un partido moi especial. Ourense foi a miña casa durante dous anos e estiven moi a gusto alí, así que xogar nos Remedios é unha dobre motivación para min” explicaba Luci Gómez, que chegou este verán a Burela tras a súa experiencia en Ourense. A 19 laranxa afronta o duelo galego tras unha nova chamada da Vermella, o luns pasado, que compartiu coa tamén burelista Peque: “De novo foi unha experiencia moi bonita. O pavillón de Torrejón de Ardoz encheuse para o partido da Selección co All Star da liga. Espero que se poida repetir e que eu poida volver” explicaba a xogadora coruñesa tras a vitoria de 3-0.

Con 30 puntos, o Pescados Rubén custodiará a primeira praza fronte ao cuarto posto do Envialia, con 25 puntos empatado co terceiro, Penya Esplugues; computa 7 vitorias e 4 empates. Luci valora o seu traballo e traxectoria: “Está defendendo moi forte atrás, saen ben á contra e se temos erros van aproveitarse moi ben. Calquera detalle pódenos penalizar, así que temos que estar moi concentradas para conseguir os tres puntos. Imos preparar un ataque un pouco diferente para intentar facer dano sobre a súa defensa” adiantaba a ala, incidindo no pulo que suporía regresar dos Remedios con 3 puntos: “Sería un golpe de autoridade na liga”, puntualizaba.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS.
1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci

Futsi, a 1 punto


O máximo rival das galegas, o Futsi Atlético Navalcarnero (29 puntos), terá tamén compromiso irmandiño, coa visita a La Estación de Poio Pescamar FSF, sétimo (19 puntos, 1 partido menos).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.