15/12/2018

Dupla de Dany para romper a racha do Ourense e seguir no cume

Dupla de Dany para romper a racha do Ourense e seguir no cume
Intensidade e ritmo vivíronse na xornada 12 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, nunha cita equilibrada na que primaron as defensas cunha gran presión das de Julio Delgado, ademais de mellores ocasións e máis posesión. Unha dupla de Dany, selada sobre a bucina, conseguiu romper a racha de imbatibilidade do Ourense Envialia e darlle unha semana máis ao Pescados Rubén Burela FS o orgullo de custodiar o cume.

No minuto 4, as laranxas avisaron por primeira vez e con moito perigo, cun saque de banda de Cilene, que rematou en volea Peque e despois Dany. A 3 burelista dispuxo doutra de ouro poucos segundos despois, de disparo raso cruzado, que se estrelou contra o pau. Nas proximidades do ecuador, Ana Romero estivo moi atenta ante a primeira con gran perigo das ourensás, con Candela, ante un balón que esperaba Lau Doce, fronte á liña de meta. Volveu á carga o Pescados Rubén; probou Jenny, salvando Vane, pero Peque estaba moi atenta na recuperación, serviulla a Luci e a ex-burelista Judith evitou que as da Mariña se adiantasen. A falta de 3’45” para o descanso, Dany, por fin, outorgoulles o merecido gol ás burelistas, finalizando unha recuperación de Peque.

Tras o descanso, ambas as metas estiveron máis que correctas baixo paus. Vane evitou co pé o segundo das mariñás, de Cilene, no minuto 23. Tan só dous minutos despois, Ana estivo moi atenta, cunha parada en dous tempos, nunha contra local, para manter a vantaxe visitante. Tocoulle a quenda a Vane, segundos despois, respondendo ben, ante un disparo escorado de Peque. Ana Romero mantivo de novo a renda no 28, cun balón parado de Sara Moreno. E no 29, a ex das laranxas Judith protagonizou o maior perigo das ourensás; a punto estivo de poñer táboas ante un saque da meta burelista que deu nas costas da 11 local. Vane volveu deter as intencións das de Julio Delgado, con Peque, roldando a medianía do segundo acto, e cunha boa saída fronte a Dany, no 32; e adiantouse de novo, ante Jenny, no 34.

Con case tres minutos para o final, Ourense saíu con xogo de cinco sen apenas perigo. Cilene dispuxo dun par de ocasións a porta baleira, demasiado imprecisas. Nos últimos segundos, Ana Romero conseguiu frear a única incisica das ourensás con porteira xogadora e servirlle a Dany, sobre a bucina, o definitivo 0-2, con tentativa errada de Lau Doce para evitala.

Ficha técnica

Ourense Envialia FSF: Vane, Chiky, Lau Doce, Marta, Sara Morenocinco inicial; tamén xogaron Judith, Candela, Bea Seijas, Idoya, María

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci Lara Balseiro, Alves, Cami

Goles: 0-1, minuto 17, Dany; 0-2, minuto 40, Dany

Árbitros: Martínez Torres // Ferrero Carballal (Pontevedra). Por Ourense amarela a Marta (minuto 22), María de Val (minuto 22), Sara Moreno (minuto 37)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Paco Paz; o encontro, previsto para as 17.00 horas, tivo que pospoñerse para as 20.00 horas con cambio de instalacións debido a un goteira nos Remedios, pista habitual de xogo

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.