Actualidade
21/12/2018
UCAM, último obstáculo do ano para o liderado
O Pescados Rubén Burela FS xa está preparado para a última cita do ano. As Guerreiras Laranxas despedirano en Vista Alegre con UCAM ElPozo Murcia como único obstáculo fronte ao liderado de 2018 (sábado 22, 18.30 horas). Con 33 puntos, as burelistas saben que están obrigadas a puntuar os 3 na cita para non perder a primeira praza, posto que o seu rival directo, Futsi Atlético Navalcarnero, pasou a ostentar 35 puntos coa vitoria de derbi madrileño ante Majadahonda (2-6) en partido adiantado da xornada 13.
“Para min vai ser un partido moi especial. pasei alí sete tempadas e debutei con elas en Primeira División” confesaba unha das internacionais españolas do conxunto, Cristina Pérez, valorando a traxectoria do seu antigo equipo, que ocupa a sexta praza con 22 puntos. “Está facendo unha primeira volta moi completa. Gañou os partidos da súa liga, pero tamén sacou puntos importantes como ante UA ou Móstoles”.
“Nós dependemos dos tres puntos para seguir líderes, pero dependemos do noso traballo. Con Ourense tivemos un partido moi duro e esixente e temos que facer valer eses tres puntos coa vitoria na casa”, advertía a 5 laranxa, esperando un rival moi motivado na Bomboneira: “Sabemos que vai ser difícil, como todos os que temos na casa. Todos os rivais veñen a Vista Alegre a dar máis do cento por cento e non nos poñen as cousas doadas”.
Tais Alves non poderá despedir o ano coas súas compañeiras; a brasileira viaxou a principios de semana ao seu país por temas burocráticos.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 12. Ana Romero, 19. Luci
Peque, de novo coa Vermella
Antes de regresar á liga no Ano Novo -o 12 de xaneiro, na pista de Universidad de Alicante-, a internacional Patricia González, Peque, gozará dun novo compromiso coa Selección Española; será entre o 6 e o 10 de xaneiro en Los Realejos e Granadilla (Tenerife) para disputar dous amigables fronte a Portugal.

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas