22/12/2018

Punto crucial para reforzar a imbatibilidade e aferrarse ao liderado de inverno

Punto crucial para reforzar a imbatibilidade e aferrarse ao liderado de inverno
O Pescados Rubén Burela FS pechou esta tarde a primeira volta de Segunda LNFS na complicada pista do FC Barcelona B cun meritorio empate (2-2). Un punto crucial que reforza a imbatibilidade dos de Juanma Marrube na despedida de 2018, ademais de aferrarse ao liderado de inverno.

Os mariñáns clausuraron o ano sendo fieis á súa esencia nunha cita dura e bonita. Pope adiantou os laranxas no minuto 8 en transición rápida. Tres minutos despois os locais igualaron a contenda da mesma forma, nas zapatillas de Juan José. Renato devolveu a vantaxe burelista, no 16, de córner, para chegar ao descanso con 1-2.

Os pupilos volveron á pista con numerosas ocasións para matar o partido pero a fortuna deulle as costas esta tarde á súa finalización. Con máis de dous minutos para o final, os cataláns apostaron por xogo de cinco e no 39 puxeron táboas, de novo con Juan José.

O Pescados Rubén di adeus a 2018 con 35 puntos e á espera do que do resultado do segundo, Real Betis Futsal (32), na pista de Gran Canaria. O estreo de 2019 será a domicilio, o 12 de xaneiro, precisamente ante os isleños, a domicilio.

Ficha técnica

FC Barcelona B: S. Sahuquillo, Daniel, Roberto, Nil, Povill cinco inicial; tamén xogaron A. Lluch, Hugo Alonso, Pau R., Khalid, J. Sancho, Juan Fran, Juan José

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Juanfran, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Porto, Renato, Luisma, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 8, Pope; 1-1, minuto 11, Juan José; 1-2, minuto 16, Renato; 2-2, minuto 39, Juan José

Árbitros: Ontañón Ramos // Otamendi Lascarro (Castilla e León e Navarra). Por Barcelona amarela a Daniel, Roberto. Por Burela amarela a Pope, Renato, Luisma, Matamoros

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Segunda LNFS disputado na Cidade Deportiva Joan Gamper

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.