02/01/2019

Un ano moi prometedor por diante

Un ano moi prometedor por diante
A Familia Laranxa do Pescados Rubén Burela FS estrea o Ano Novo cuns horizontes de soño, un 2019 moi prometedor, repleto de ilusións e xa de novo coas pilas cargadas para a volta ao traballo.

Dende o cume de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo e Segunda LNFS, os equipos sénior laranxas regresarán aos adestramentos mañá tras unhas máis que merecidas vacacións de Nadal. Os pupilos de Juanma Marrube arrancarán o ano xa con dobre sesión e o conxunto feminino regresará ao traballo pola tarde.

Ambas as competicións retomaranse o sábado 12, con dobre compromiso a domicilio. As xogadoras de Julio Delgado e Lucas visitarán a pista do UA Alicante. O equipo de Segunda LNFS, pola súa banda, desprazarase ao feudo do Gran Canaria.

A segunda fase do Torneo do Nadal de Lugo Sala e o de GRI Carballiño serán os destinos das Xoias Laranxas neste Ano Novo. Xunto ao Cadete burelista, campión da fase autonómica a semana pasada, tamén gozarán da cita de Lugo, na fase nacional, os Benxamíns, Infantís e Xuvenís, entre hoxe e o venres. No Carballiño, participarán o Alevín A e B os días 4 e 5.

Os adestramentos de base volverán o martes 8 de xaneiro.

Feliz 2019 para tod@s!!!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.