28/01/2019

Jorge Quelle e Galicia Sub16 clasifícanse para as semifinais do Nacional

Jorge Quelle e Galicia Sub16 clasifícanse para as semifinais do Nacional
A Selección de Galicia Sub16, co xogador laranxa Jorge Quelle, acadou brillantemente a clasificación para a final, completando unha fase previa perfecta en Almendralejo, con tres vitorias en tres partidos, e en todos os casos por goleada. Galicia rematou a fase previa gañando por un contundente 9-1 os anfitrións. O combinado galego será un dos catro que loite polo título nacional en Las Rozas.

A Irmandiña xogará o 16 de febreiro contra Castela-A Mancha por unha praza na final do Campionato de España. A outra semifinal disputarana a Comunidade Valenciana e Murcia. A fase final disputarase, coma todas as de fútbol sala, no polideportivo da Federación Española na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. O sábado 16 serán as semifinais e o domingo 17 a final.

Resultados da fase previa

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.