28/01/2019

Joselito: 'Burela é un destino para seguir medrando e un reto moi bonito por diante'

Joselito: 'Burela é un destino para seguir medrando e un reto moi bonito por diante'
“Burela é un club de Primeira, é un club moi familiar, como me dixo algún compañeiro como Pope, que sempre che dá o mellor. Así que cando se me presentou a oportunidade de vir non o pensei dúas veces. Creo que un bo destino para min, para seguir medrando, cun reto moi bonito por diante” así de determinante se amosou esta tarde Joselito na súa presentación de laranxa.

O ala gaditano, que chega en calidade de cedido desde Palma Futsal, estivo arroupado no acto polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco, que destacaron “o gran pulo de calidade” que supón a chegada de leste reforzo de inverno, ademais de agradecer ao club insular todas as súas facilidades para que Joselito poida formar parte da estrutura mariñá ata final de tempada.

“Veño con moitas ganas e ilusión de poder axudar o equipo. Con Pope coincidín con Manacor hai uns 9 anos e con Iago Míguez nalgunha selección Sub 21 e Sub19; ademais tamén coñezo como rivais a Matamoros, Juanma, Edu, Lucho.. Son un xogador que me adapto rápido, espero que os meus compañeiros me axuden en todo para que eu poida devolvelo con toda a miña axuda canto antes” así se confesaba o novo 2 burelista antes do seu primeiro adestramento de laranxa.

Mocidade, experiencia na elite e calidade. Joselito teno todo para facer máis invencible a apócema burelista do líder de Segunda División, pero sobre todo ten espírito de equipo, traballo e sacrificio, ideal para integrarse na esencia da Familia Laranxa, na filosofía da escuadra de Juanma Marrube: “Levo 9 anos xogando en Primeira División, teño experiencia pero neste equipo tamén hai moita experiencia e veteranía. Podo achegar calidade e sobre todo moitas ganas de traballar. Aquí todos temos que remar na mesma dirección, temos que ser equipo e estar todos unidos por ese obxectivo do ascenso. Só espero ser un máis dese equipo, desa forza, canto antes” concluía así a presentación o andaluz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.