11/02/2019

Semana de Eurocopa

Semana de Eurocopa
Conta atrás para a cita do ano. Este venres comezará a primeira fase final da Eurocopa Feminina de Fútbol Sala da UEFA en Portugal con catro seleccións que aspiran ao título e tres xogadoras do Pescados Rubén Burela FS entre as grandes protagonistas.

Desde o pasado 27 de xaneiro, Jenny está concentrada co combinado anfitrión, Portugal. As laranxas Peque e Luci cumpren hoxe unha semana con España e desprazaranse o mércores á sede da gran cita do futsal europeo feminino, en Gondomar.

- Sede: Pavilhão Multiusos de Gondomar, O Porto

- Entradas á venda desde a sede

- Finalistas: Portugal, Rusia, España, Ucraína

Semifinais: 15 de febreiro

Rusia - España: 19:00 hora local

Ucraína - Portugal (anfitrioa): 21:45 hora local

Domingo 17 de febreiro:

Play-off pola terceira praza (16:00 hora local)

Final (18:30 hora local)

ONDE VELO

Será transmitido na RTP en Portugal.

ENTRADAS

Prezo: 1 euro (máximo dous por persoa)

Dispoñibles diariamente no Pavilhão Multiusos de Gondomar (09:30 - 12:30 e 14:00 - 17:30)

Regreso da liga, sábado 23

A liga de Primeira retomarase o sábado 23, coa Tarde Laranxa Pescados Rubén Burela FS-FSF Móstoles e o derbi irmandiño de Segunda LNFS fronte a Santiago Futsal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.