21/02/2019

Volta a liga de Primeira con Tarde Laranxa

Volta a liga de Primeira con Tarde Laranxa
Volve a competición de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo este sábado tras a histórica Eurocopa de Gondomar parar abrir a Tarde Laranxa de Vista Alegre, de novo con arrecendo 100% a liderado. O Pescados Rubén Burela FS defenderá a primeira praza fronte ao Móstoles FSF (15.45 horas) na xornada 18, para dar paso ao derbi galego de Segunda LNFS ante Santiago Futsal (18.30 horas), no 22º compromiso da competición.

“Temos a liga por diante; temos un reto moi bonito polo que loitar. Antes do parón pola Eurocopa estabamos nunha boa dinámica e esperamos seguir con ela” explicaba Jennifer Santos, Jenny, tras a Eurocopa, cita na que defendeu a Portugal polo título fronte ás súas compañeiras laranxas, Peque e Luci, coa campioa España.

O Móstoles chegará á bisbarra da Mariña na novena praza, con 25 puntos, pelexando por meterse en postos de Copa. “Será un partido difícil; Móstoles nunca é doado. É un bloque que se coñece ben, boas defensiva e tacticamente, que notou a baixa de Shiori pola súa lesión e ten como gran referencia a Patri Chamorro” advertía a 9 burelista, subcampioa europea, incidindo na esencia das Guerreiras Laranxas: “Nós temos que centrarnos no noso traballo e demostrar unha xornada máis por que estamos na primeira praza; as sensacións esta semana, no regreso, foron boas”.

Despois duns días e coa medalla de prata na man, a internacional lusa fai balance da Eurocopa, con ilusión por seguir defendendo a camiseta do seu país en novas aventuras: “A Federación Portuguesa fixo un traballo marabilloso mediaticamente, a resposta do público foi excelente, co pavillón cheo, e só se falou de fútbol sala estes días. É algo histórico para o noso deporte; se gañásemos xa sería todo perfecto. Agora o meu soño céntrase en seguir traballando para volver estar coa Selección, volver a un Europeo e quizais a posible un Mundial. Sería un gran paso para o noso deporte” explicaba Jenny.

O equipo de Julio Delgado e Lucas realizará a última sesión mañá en Vista Alegre ás 10.45 horas. Se non hai cambios, a única ausencia será Cilene, polas súas molestias de xeonllo.

Sorteo para o CD Lugo-Elche

Un dos soci@s máis madrugadores poderá conseguir unha entrada dobre para presenciar o partido CD Lugo-Elche do Anxo Carro, o domingo 24, ás 18.00 horas, nunha xornada de rivais directos.

Un cocido para 10 persoas na Parrillada de Jandro


Como as datas de Entroido están cada vez máis preto, durante o descanso, o acerto goleador sobre a pista da afección premiarase con nin máis nin menos que un cocido para 10 persoas na Parrillada de Jandro.

Zona Infantil


Vista Alegre volverá engalanarse tamén este sábado con diversión para os máis pequenos con inchables e globoflexia.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.