11/03/2019

A Mariña suma sinerxias pola igualdade

A Mariña suma sinerxias pola igualdade

O Pescados Rubén Burela FS participou hoxe nun fermosísimo acto na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, con motivo do Día Internacional da Muller. O centro de Cervo, coa directora María José Novoa á fronte, recibiu a Jozi e Peque, xunto á vicepresidenta do club, Cesarina Fanego, para recoñecer a traxectoria do equipo laranxa feminino e o seu recente gran paso pola igualdade laboral.

Ambas as entidades reuníronse para compartir as súas experiencias e opinións como impulsoras de iniciativas pioneiras no ámbito do empoderamento da muller. Así a unidade residencial puido achegarse aos detalles do primeiro convenio colectivo no deporte feminino en España e dende o club laranxa tamén se coñeceu a recente vivenda tutelada para mulleres maltratadas con enfermidade mental, outro proxecto único a nivel estatal.

Jozi, Peque e Cesarina pecharon a visita descubrindo de man dos propios usuarios talleres e outras actividades que se desenvolven no centro, ademais de recibir ánimo e sorte para o resto de tempada.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.